Marmaduke (2010)
Los viajes de Gulliver (2010)
Men in black 3 (2012)
UP (2009)
The karate kid (2010)
Hotel Transilvania (2012)
Ted (2012)
Pelis recomendables!!!
As descargas en "http://allmyvideos.net/ ", http://www.peliculasyonkis.com/ e paxinas semellantes non son descargas legales asi que non se poden expoñer neste blog.
Este es un blog colectivo para uso de los alumnos de 1 ESO E Podéis, y debéis, escribir, además de las actividades de clases, todo lo que os parezca oportuno: poemas, narraciones, noticias, reflexiones,experiencias,...también podéis colgar presentaciones, vídeos, fotografías... sin olvidar estas dos condiciones:los textos han de estar escritos correctamente y el contenido debe ser respetuoso con sus autores ( citamos las fuentes si tienen autor conocido) y con todos los lectores del blog.
martes, 29 de enero de 2013
domingo, 27 de enero de 2013
La invención de Hugo
´´ La invención de Hugo ´´ recomendable!
Me permitin borrar os enlaces as pelis que puxeches David, xa que é illegal a descarga de pelis gratis. Sintoo!
Me permitin borrar os enlaces as pelis que puxeches David, xa que é illegal a descarga de pelis gratis. Sintoo!
lunes, 21 de enero de 2013
viernes, 11 de enero de 2013
Lingua Galega e Literatura
LINGUA GALEGA E LITERATURA:
LECTURAS: pásovos o listado de lecturas - non obrigatorias- para a 2º e 3ª avaliacións, cunha síntese da súa temática:
Pel de lobo, XOSÉ MIRANDA.Eds. Xerais
Existe o lobishome? Fulxencio e o seu fillo Xosé eran bos cazadores e chamábanos para batidas de lobos. Por iso irán ao Incio buscar un enorme lobo, negro ou branco que xa comeu nenos e unha rapariga. E van ir descubrindo cousas moi raras: que pasa con dúas irmás, Ana e Aurora, fillas dun fidalgo?
Novela curta perto chea de interese: o lobishome, o tempo dos foros, a montaña luguesa.
A expedición do Pacífico, MARILAR ALEIXANDRE. Eds. Xerais
Relatada en primeira persoa, a novela conta a historia dunha expedición polo Pacífico. Entre os oito científicos que a compoñen, atópase a protagonista, Emilia, unha rapaza que, para poder participar na viaxe, tense que disfrazar de neno.
O relato, que abrangue dende 1867 -cando saen de España- ata 1871 -ano da chegada da expedición a Lisboa-, describe as aventuras dos viaxeiros dun xeito realista e verosímil. Abundan as referencias á historia e aos coñecementos relacionados coas ciencias da natureza e coa navigación. Paralelamente, asistimos a unha aventura interior: o cambio que se produce na protagonista, que inicia a viaxe con algo máis de doce anos e chega feita unha muller
Trece anos de Branca, AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ. Eds. Xerais
Branca é unha rapaza chea de ilusións. Unha hepatite obrígaa a gardar cama durante uns meses, tempo que aproveita para facer un repaso das súas experiencias infantís. Un álbum cheo de fotografías evocará esas sensacións xa vividas. Ao mesmo tempo, Branca decátase de que deixa atrás unha parte importante da súa vida para dar paso á adolescencia. Polo media está Lois e algo haberá entre eles desde que unha vez se ven no pombal. Tamén está o seu irmán pequeno Daniel, e a súa amiga Raquel. Seu pai é o bibliotecario do centro, de aí o amor polos libros nesa familia.
Cando petan na porta pola noite, XABIER P. DOCAMPO. Eds. Xerais
Un libro dos de medo? Misterio e terror?
Coa estrutura e os recursos narrativos propios dos contos de transmisión oral, o autor crea estes relatos que procuran achegar o lector ao mundo do medo.
Á beira do lume da lareira, de beizos dos vellos van xurdindo: O espello do viaxeiro (un home que volve á casa despois de 7 anos para gobernar a facenda, pérdese de noite e vai dar a unha ferraría onde atopa un home case igual a el),
O Fornadas (as vítimas dunha mala muller vana queimar nun forno, pero ela...), A loba (un mozo deixa a moza ...e casa con outra), O cumpremortes (as reaccións dun home que é avisado do día da súa morte por unha felicitación)...
Relatos de medo ben inseridos na tradición oral da nosa terra.. Ambiente da Terra Chá.
As confesións de Carlota Doyle, AVI.Ed. Galaxia
Unha excelente novela de aventuras mariñeiras, a viaxe dunha nena de trece anos a través do Océano Atlántico. Carlota é unha rapaza de trece anos que emprende unha viaxe desde Liverpool (Inglaterra) até Providence (Estados Unidos) a bordo do Seahawk, un enigmático barco gobernado polo capitán Jaggery, no que moi poucos mariñeiros se queren enrolar. Carlota Doyle nunca poderá prever os terribles sucesos dos que vai ser protagonista e que transformarán por completo a súa vida.
jueves, 10 de enero de 2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)